Día Mundial do Libro

Hoxe, 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, xa que arredor desta data, faleceron tres grandes da literatura universal, Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Para festexalo, recomendámosvos ademais de ler por suposto, moitos libros e contos, a visualización da curta Los Fantásticos Libros Voladores del Sr. Morris Lessmore, dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg e estreada no 2011, que gañou entre outros premios, o Óscar á Mellor Curtametraxe de Animación no 2012.

A lectura é fundamental para o desenvolvemento e educación das persoas, potenciando a observación, a creatividade, a atención, a reflexión, etc. e esta marabillosa curta, cunha música fermosísima, fainos reflexionar precisamente, sobre a importancia e valor dos libros e da lectura nas nosas vidas. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Heroes e heroínas do Xan Viaño! Parabéns!

Feliz 2021!!!

Música Mestra!