Javier Vázquez Grela: Concerto de compositoras históricas e actuais
Achégase o mes de marzo e queremos anunciar xa, unha das primeiras iniciativas que poderemos gozar no Xan Viaño, dentro dos actos programados para a celebración do Día da Muller.
Trátase do concerto do pianista Javier Vázquez Grela, dentro do seu ciclo de piano Compositoras históricas y actuales, no que interpretará pezas de Maria Theresia Von Paradis, Clara Wieck/Schumann, Gloria Rodríguez Gil, María Mendoza, Rosa García Ascot e Galina Ustvolskaya. O concerto terá lugar o venres 4 de marzo ás 19:00 h, e os interesados e interesadas en asistir, debedes apuntarvos no correo convivenciaxanviano@gmail.com
Dános moita satisfacción coñecer que noutros conservatorios, como no CMUS Profesional de A Coruña e no Conservatorio Profesional de Culleredo, tamén se está a traballar no mesmo proxecto de visibilización das mulleres compositoras na historia da música. De seguro que con estas iniciativas en conxunto con outros centros, acadaremos pouco a pouco o noso obxectivo de difundir a marabillosa música, moitas veces descoñecida e inxustamente valorada, das mulleres compositoras.
Grazas Javier Vázquez Grela, por achegarte ata Ferrol e compartir coa comunidade educativa do Xan Viaño este proxecto tan especial.
Comentarios
Publicar un comentario