XI Música pola Paz
Tras a pausa do curso pasado por mor da Covid, retomamos este fermoso proxecto do que nos sentimos moi orgullosas e ilusionadas. O día da Paz, supón para o Xan Viaño unha data moi importante, unha data de reflexión e compromiso de educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.
Os nenos e nenas que participaron nos dous recitais organizados, volvéronse defensores da paz, recordando a importancia de vivir nun mundo de paz, un dereito da infancia e de toda a humanidade.
O equipo de convivencia, quere dar as grazas a todo o alumnado participante, por facer posible estes minutos de música adicados á paz, e tamén aos seus profesores e profesoras por animalos a participar, e por defender unha educación en valores, tan necesaria nestes tempos que vivimos.
Grazas tamén ao Anpa do conservatorio por apoiarmos sempre nas nosas iniciativas e por axudarnos coma todos os anos, na decoración do centro con motivos e mensaxes de paz.
Comentarios
Publicar un comentario