Día de Rosalía na voz do alumnado de 6º GP
Compartimos a iniciativa do EDLG do Xan Viaño na homenaxe á nosa querida Rosalía de Castro.
Que emocionante é escoitar os versos de Cantarte hei, Galicia, un dos poemas iniciais de Cantares Gallegos, nas voces dos nosos queridos alumnos e alumnas de 6º GP, rapaces e rapazas que vimos medrar como persoas e coma músicos no Xan Viaño.
Como música de fondo, podemos escoitar a fermosa música do compositor galego Andrés Gaos, concretamente a Sinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia.
Ver a todos estos rapaces e rapazas neste proxecto, despois de pasar tantos momentos de convivencia xuntos ao longo de todos estes anos, resulta moi entrañable e emotivo. Son todo un exemplo de esforzo e responsabilidade, parabéns!
Comentarios
Publicar un comentario