Concerto de Nadal 2020 adicado ás Residencias de Maiores



Sempre polo Nadal, o Equipo de Convivencia organiza unhas saídas a centros de maiores de Ferrol, onde o noso alumnado comparte a súa música cos residentes destes centros. É unha experiencia moi fermosa, tanto para os nosos alumnos e profesores, como para os maiores que nos reciben sempre cun gran sorriso e moita emoción. Este ano, lamentablemente por culpa da COVID-19, resultábanos imposible realizar esta actividade, pero queríamos que o Xan Viaño estivese presente un ano máis nestas datas tan especiais de Nadal. Por iso, tras contactar co persoal das residencias, xurdiu a idea de facer un video no que os nenos e nenas do Xan Viaño puidesen tocar unha peza ou panxoliña e adicarlla aos nosos queridos maiores nestes momentos especialmente difíciles para eles.

A iniciativa tivo moi boa acollida entre o alumnado polo que tivemos que repartir en dous videos o concerto, para que logo á hora de que o visualicen nos centros, poida adaptarse mellor a horarios e ritmos dos residentes.

Compartimos con vós os videos íntegros que van ser visionados nas residencias, coa participación dos seguintes alumnos e alumnas nomeados por orde de aparición no concerto:

1ª Parte: Luis Lago Villar, Tala Sofía Galisteo Aguilar, Aldara Ruiz, Iago Medel Cendán, Daniela Redondo Romero, Pablo Lourido Iglesias, Nicolás Filgueira López, Candela Rañal Parajó, Brais Varela, Jaime Rodríguez, Claudia Zhu Díaz Casas, Ana Lago Villar, Ainhoa Sanmiguel Pintor, Mario Santalla Rico, Gabriela Rodríguez, Jacobo Nieto, Aitana López Caaveiro, Marcos Castro García e María López Carballo.

2ª Parte: David Nistal Liñares, Sara Pena Gómez, Adriana Lorenzo Urango, Area Martínez Fernández, Alexandre Liñeiras Núñez, Irene López Caaveiro, Lucía Pena González, Marcos Castro García, Aitana López Caaveiro, Noa Cortizas Fernández, Leo Lorenzo, Antía Iglesias Fariña, Marta Monteagudo Meijón, Elisa Sardiña López, Ana Placer Porto, Eva Cayetana Somolinos Olmo, Ana García Novo.

Dende convivencia, queremos unha vez máis, dar as grazas a todo o alumnado que participa neste video, así como tamén aos seus profesores e profesoras por animalos e acompañalos nesta experiencia tan bonita: Iria Rico, Emma Urango, Isabel Sanjuan, Javier Alama, Jose Folgueiras, Antonio Landeira, Jorge Genó, Alexandra Pita e Alma Cendán.

Agardamos que os maiores disfruten moito do concerto e que as nosa música e as nosas mensaxes lles animen e emocionen nestas datas tan especiais de Nadal.

Bo Nadal e feliz 2021!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +