Que a música non pare!
Hoxe compartimos con moito agarimo, un video que realizamos dende Equipo de Convivencia, como benvida a este curso tan especial que estamos a vivir por culpa da Covid-19, un curso no que música non pode parar! Queremos enviar unha mensaxe de gratitude polo esforzo de todas e todos por adaptarnos á nova normalidade, cumprindo as medidas de seguridade marcadas, así como tamén unha mensaxe de esperanza porque xuntos imos superar esta situación onde a música e a cultura non poden faltar. A banda sonora elixida para a presentación é o comezo do primeiro movemento da Sinfonía nº 6 en Fa maior op. 68, coñecida como Sinfonía Pastoral de Ludwig van Beethoven. Este ano cúmprese o 250 aniversario do nacemento de Beethoven (1770-1827), polo que tamén queremos render a nosa pequena homenaxe ao gran compositor alemán neste ano Beethoven. Grazas a todas as alumnas e alumnos que quixeron participar no video, ao Equipo Covid por estar sempre coidando de nós, e ao profesor Suso Iglesias pol...