8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

En marzo de 2020 tiñamos preparada a nosa primeira edición do Música, Mestra!, mais foi un dos primeiros eventos que a pandemia levaba por diante.

Neste marzo do 2021 celebramos unha edición virtual do Música, Mestra!, reinvindicando o papel da muller na historia da música con interpretacións das obras destas mulleres por parte do noso alumnado.


O curso pasado os profesores e profesoras uníanse a esta iniciativa do Equipo de Dinamización da Convivencia formando un coro que debutaría con motivo do Día Internacional da Muller. Queda esperar un pouquiño para retomar esta fermosa iniciativa, pero a ilusión e o traballo do noso alumnado non parou nestes tempos, e proba delo, as gravacións que hoxe vos propoñemos.


Retomamos o fermoso cartaz deseñado por Catuxa Pita para o concerto do curso pasado, no que se homenaxea a unha ferrolana imprescindible na loita polos dereitos da muller, Concepción Arenal, xa que o 2020 celebrabamos o bicentenario do seu nacemento.


Moitísimas grazas aos alumnos e alumnas que participaron nesta iniciativa, compartindo con todos nós a música de mulleres compositoras ao longo da historia. A continuación deixámosvos información sobre as compositoras e os vídeos das interpretacións dos alumnos e alumnas do Xan Viaño.



Música, Mestra!


Fanny Mendelssohn (1805-1847) Fanny Mendelsohn, foi un prodixio musical que o sexismo da época non deixou sair á luz. O pai de Fanny Mendelssohn consideraba que a música non era traballo para señoritas. Non importaba que sendo adolescente Fanny xa tivera memorizado e interpretara os preludios fugas de Bach, para seu pai, era mellor que se centrara en casarse e vivir unha vida recatada en casa. Mandoulle esta carta referíndose ao seu irmá Felix e a ela: “Tal vez para el a música sexa a súa profesión, mais para ti será sempre un ornamento; nunca poderá convertirse na base da túa existencia e vida” Fanny Mendelssohn tiña un extraordinario talento musical, mais debido ao sexismo da época só Félix Mendelssohn pasaría á historia con fama lexendaria, quedando ela na sombra. Felix Mendelssohn firmou co seu nome varias das obras compostas pola súa irmá para que puideran saír á luz.


Claudia Zhu Díaz Casas e Aitana López Caaveiro “Dúo Octavas”
Vals para piano a catro mans- Fanny Mendelssohn
Moitísimas grazas á profesora Catuxa Pita, por colaborar unha vez máis con nós, facéndonos esta xenial montaxe de vídeo para piano a 4 mans.



Maria Theresia von Paradis (1754-1824) Cega dende ben pequena, superou a súa discapacidade física ata convertirse nunha respetada intérprete e compositora na súa época. Nada puido frenar o seu talento e foi capaz de enfrentarse á súa condición femenina naquel tempo para facerse un oco no mundo da música. A súa obra foi admirada por grandes compositores do seu tempo como Haydn ou Mozart. Os seus aportes foron fundamentales para a educación musical da súa época, especialmente para os invidentes.

Marcos Castro García e Aitana López Caaveiro Siciliana-Maria Theresia von Paradis



Cécile Chaminade (1857-1944) A pesar do seu talento, tivo que realizar os seus estudos de forma non oficial xa que o seu pai desaprobaba a súa educación musical, mais a presión da súa nai e do compositor Bizet, que sentía gran admiración por ela, permitiulle tomar clases con distintos profesores, pero non puido pasar polo conservatorio. O éxito das súas composicións lle proporcionaron tal éxito que foi a primeira muller que viviu da música, xa que obtiña grandes beneficios da venda das súas partituras. A admiración polas súas composicións chegou ao punto de que se fundaron clubes femininos de admiradoras, e non só da súa música, senón do seu figura como muller.


Antía Iglesias Fariña Album des enfants op.123 “ Gavotte”- Cécile Chaminade




Elisabeth Jacquet de La Guerre (1665-1729)

Esta clavecinista e compositora francesa do barroco foi unha nena prodixio que chegou a acadar gran prestixio na época, sendo tal o seu éxito que todos os compositores acudían a escoitala. Foi unha pioneira no emprego de recursos estilísticos adiantados á súa época, e as súas sonatas foron sen dúbida unha gran contribución dentro da evolución da sonata francesa


Sara Gil Vigo

Minueto- Elisabeth Jacquet de La Guerre




Sofia Gubaidulina. (1931) Unha das compositoras máis importantes deste século e do pasado. A súa música é verdadeiramente especial, xa que une a gran formación técnica das escolas rusas co seu amor e respecto polas músicas tradicionais. Esta mixtura de tradición e modernidade xunto a unhas exquisitas composicións a nivel tímbrico, fixeron dela unha compositora de referencia no mundo actual.


Lara Lorenzo Hernández
O acordeón mecánico (de Xoguetes) - Sofia Gubaidulina



Amy Beach (1867-1944) Desafiando á súa familia e á sociedade da éoca, que diferenciaba claramente os deberes e obrigas de ambos sexos, apostou por adicarse enteiramente á música. O seu marido continou a figura machista e autoritaria dos seus pais e non lle permitiu seguir facendo xiras de concertos pero si seguir compoñendo. Amy Beach chegaría a ser a primeira muller norteameriacana que compuxo unha sinfonía, a Sinfonía Gaélica, e foi interpretada. Lamentablemente despois da súa morte a figura de Amy Beach foi olvidada ata que nos anos 90 a súa obra volveu a sair á luz, remarcando a valentía de Amy Beach nunha época na que a muller sufría moita opresión.


Alicia Iglesias Fernández
Carnaval dos nenos, op.25 nº 6 “ Harlequin” – Amy Beach



Elena Gnésina (1874-1967)

Compositora rusa, autora de numerosos estudos e obras para piano, xunto a métodos pedagóxicos para principiantes deste instrumento.

Noa Nistal Liñares e Sofía Ferreiro Becerra
Canción rusa e estudo en do maior- Elena Gnésina



Martha Mier (1936)

Martha Mier é profesora e compositora de pezas para piano. Ela reside en Florida e é coñecida por compoñer  métodos para piano e o Rags & Blues series e as Romantic Impressions series.

Ainhoa Sanmiguel Pintor 
Jackson Street Blues - Martha Mier



Pauline Hall (1890-1969)

Pauline Margrete Hall foi unha escritora norueguesa, crítica de música e compositora. Comenzou os seus estudios de música en Oslo, continuando en París entre 1912 e 1913. Hall foi inicialmente coñecida como compositora de romances, pero hoxe a súas obras orquestrais,  destacan como pezas centrais da súa produción compositiva. O impresionismo e a literatura francesa foron claves de inspiración para Hall. 

Tala Sofía Galisteo Aguilar
Tarantella - Pauline Hall



Esther Sobral 

Esther Sobral é titulada superior en Piano e Experta Universitaria en Estratexias de Aprendizaxe e Estudio. Compaxina a súa labor docente e de dirección no Conservatorio Histórico de Santiago coa ampliación dos seus estudos. Durante anos preparouse en diferentes líneas pedagóxicas como Willems, Kodaly, Dalcroze y Suzuki, entre outras. É autora de diferentes ciclos de cancións que utiliza nos seus talleres e nos cursos internacionais que imparte.

Candela Rañal Parajó (Piano complementario)
Daniela Redondo Romero (Piano complementario)
"Orballo no camiño" de Sinxeleza - Esther Sobral



Parabéns e moitísimas grazas a todas e a todos por participar!!

Comentarios

  1. Parabéns ao Equipo de Dinamización da Convivencia por esta inciativa tan necesaria no 8M, reivindicando o rol das mulleres na creación musical.

    Un gran aplauso a todas as intérepretes!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +