Concerto de Nadal 2021 adicado aos nosos queridos maiores

Un ano máis, o Xan Viaño quere acompañar aos nosos amigos e amigas dos centros de maiores de Ferrol. Ao igual que o ano pasado, este Nadal tampouco puidemos visitar presencialmente os centros, por culpa da Covid19, pero queremos estar igualmente presentes e compartir a nosa música e os nosos mellores desexos para este Nadal e próximo ano novo.

Compartimos o vídeo que vai ser visionado integramente nas residencias. Esperamos que os maiores desfruten moito do mesmo, e que a nosa música e as nosas mensaxes, lles transmitan moito ánimo e moita ledicia.

Dende convivencia, queremos unha vez máis, dar as grazas a todo o alumnado que participa neste vídeo, así como tamén aos seus profesores e profesoras por animalos a colaborar con nós.

Desexamos de corazón, que o próximo Nadal, poidamos por fin retomar esta iniciativa tan fermosa de xeito presencial, unha das experiencias máis enriquecedoras e emotivas tanto para o noso alumnado como profesorado.

Bo Nadal e feliz 2022!!!

Comentarios

  1. Un traballo magnífico, cheo de emocións, sentimentos e unha conmovedora música.
    Parabéns polo voso ben facer!
    Bo Nadal e feliz ano 2022!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +