Fin de curso 2021-2022!

Rematamos este curso 2021-2022 compartindo música case que con total normalidade, tras estes difíciles anos de pandemia. 

Sentímonos moi ilusionados, confiando en poder retomar o próximo curso moitos dos proxectos que quedaron desprazados pola Covid, e poder desenvolver plenamente as nosas ensinanzas de música.

Hoxe compartimos esta foto do profesorado e persoal do CMUS Xan Viaño que neste curso traballaron con toda a ilusión. Foi un curso cheo de proxectos e como non, de moita moita música!

De parte de todo o Xan Viaño... Feliz verán!

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +