Exposición Máis Música Mestra!: Mulleres na Música de Cris Nogales

O conservatorio acolleu a exposición de Mulleres na música, con obras da ilustradora Cris Nogales, dentro das actividades de Máis Música Mestra! polo 8M.

Así a través dunhas fermosas ilustracións, puidemos coñecer un pouco máis sobre mulleres tan importantes como Giséle Ben-Dor, Fanny Mendelssohn, Maria Anna Mozart, Francesca Caccini e Maddalena Casulana.

Grazas á profesora Catuxa Pita, por achegarnos este traballo tan fermoso da artista Cris Nogales e poder así compartilo con toda a comunidade educativa do Xan Viaño.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +