Recitais nas residencias de maiores de Ferrol

Por fin este Nadal puidemos retomar os nosos concertos solidarios nas residencias de maiores de Ferrol, concretamente nos centros DomusVi, Mi Casa e a residencia de Caranza. Sentímonos moi emocionados ao poder volver a compartir a nosa música cos nosos maiores de forma presencial e desexarlles un bo Nadal e un feliz 2023. Nos recitais participou alumnado de piano, violín, trombón e frauta e resultou coma todos os anos unha experiencia moi enriquecedora para todos, maiores e pequenos, que vai moito máis aló do musical. Dende convivencia queremos dar as grazas a todo o alumnado participante e tamén a Iria profe de violín, Joe profe de trombón e aos profes de piano Miguel, Alexandra e Alma, por animar aos seus alumnos e alumnas a unirse a esta iniciativa tan fermosa nas residencias de Ferrol onde todos os anos nos tratan con tanto cariño. Deixámosvos algunhas fotos como pequena mostra de todo o vivido nestes recitais. Bo Nadal e feliz ano novo!