8M 2023, Mais Música Mestra!
O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller lembrando ás mulleres compositoras da nosa historia.
A través dunha proxección e a través das presentacións e interpretacións do noso alumnado, tivemos a oportunidade de achegarnos a obra destas mulleres, na maioría de casos inxustamente descoñecidas e esquecidas.
Cabe destacar a participación do Peque Coro, Peque Coro in crescendo, Coro de GP e a Peque orquestra, agrupacións moi comprometidas co noso proxecto Máis Música Mestra! Nos concertos puidemos escoitar música das especialidades de piano, arpa, frauta e violín, ademais das anteriormente citadas agrupacións corais e orquestrais, pasando polo escenario máis de cen participantes.
Os recitais da tarde, contaron ademais coa colaboración dun grupo de traballo do Plan de formación de profesorado do centro especializado en Escenografía, facendo aínda máis especiais os concertos a través de presentacións, músicas de transición e emprego e aproveitamento das luces do escenario. Grazas a todo este equipo de profesorado pola súa implicación e gran traballo.
Grazas a todos os participantes, por conseguir unha tarde chea de emocións. Seguiremos traballando pola visibilización destas mulleres, queda moita Máis Música Mestra! por soar no Xan Viaño!
Comentarios
Publicar un comentario