Publicacións

Recital poético

Imaxe
O pasado 29 de marzo no auditorio do conservatorio tivo lugar o primeiro Recital poético en colaboración co IES Carvalho Calero. Música e poesía uníronse n unha  serie de poemas de poetisas galegas, seleccionados pola profesora do Carvalho Calero, Pi m  Patiño, a través das voces do alumnado do  instituto e acompañadas musicalmente polo alumnado do Xan Viaño. Puidemos gozar da poesía de mulleres galegas como Marilar Alexandre, María Lado, Luz Pozo, Antía Otero, Ana Varela, Eva Veiga, Ana Romaní, pechando o recital cun poema da gran Rosalía De Castro.  Os poemas seleccionados xiraban todos a redor da figura da muller desde diferentes puntos de vista, así que esta actividade supux o un broche de ouro para pechar o noso mes de marzo dedicado a visibilizar o papel da muller na música e na cultura, dentro das actividades programadas no noso proxecto Máis Música Mestra do Plan Proxecta +. Por fin podemos compartir con vós os vídeos das actuacións, para que poidades gozar deste Recital poét

Día mundial da auga!

Imaxe
Dende o 2015 o mundo comprometeuse como parte da Axenda 2030, coa promesa de ter  todos e todas auga e saneamento, xestionados de forma segura para 2030. A día de hoxe,  seguimos moi moi lonxe de logralo…. Os compositores e compositoras ao longo da historia sentiron unha gran fascinación pola  auga e non son poucas as obras que temos que así nolo demostran. Hoxe, grazas ao noso  alumno, Álex Armán, conmemoramos este día con música de Maurice Ravel e os seus  Xogos de auga. Grazas Álex!

Exposición Máis Música Mestra!: Mulleres na Música de Cris Nogales

Imaxe
O conservatorio acolleu a exposición de Mulleres na música, con obras da ilustradora Cris Nogales, dentro das actividades de Máis Música Mestra! polo 8M. Así a través dunhas fermosas ilustracións, puidemos coñecer un pouco máis sobre mulleres tan importantes como Giséle Ben-Dor, Fanny Mendelssohn, Maria Anna Mozart, Francesca Caccini e Maddalena Casulana. Grazas á profesora Catuxa Pita, por achegarnos este traballo tan fermoso da artista Cris Nogales e poder así compartilo con toda a comunidade educativa do Xan Viaño.

Daniel Zacarés, Concerto de piano, Máis Música Mestra!

Imaxe
Continuando o mes de marzo con concertos con repertorio de mulleres compositoras, o vindeiro martes 21 de marzo ás 19:00 h, teremos a oportunidade de escoitar ao gran pianista Daniel Zacarés interpretando obras da compositora polaca Grazyna Bacewick (1909-1969) e da xaponesa Karen Tanaka (1961). Grazyna Bacewick Karen Tanaka Non volo perdades, Máis Música Mestra!!

8M 2023, Mais Música Mestra!

Imaxe
O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller lembrando ás mulleres compositoras da nosa historia. A través dunha proxección e a través das presentacións e interpretacións do noso alumnado, tivemos a oportunidade de achegarnos a obra destas mulleres, na maioría de casos inxustamente descoñecidas e esquecidas. Cabe destacar a participación do Peque Coro, Peque Coro in crescendo, Coro de GP e a Peque orquestra, agrupacións moi comprometidas co noso proxecto Máis Música Mestra! Nos concertos puidemos escoitar música das especialidades de piano, arpa, frauta e violín, ademais das anteriormente citadas agrupacións corais e orquestrais, pasando polo escenario máis de cen participantes. Os recitais da tarde, contaron ademais coa colaboración dun grupo de traballo do Plan de formación de profesorado do centro especializado en Escenografía, facendo aínda máis especiais os concertos a través de presentacións, músicas de transición e emprego e aproveitamento das luces do escenario.

A nosa Biblioteca co 8M, Máis Música Mestra!

Imaxe
 A nosa Biblioteca tamén se une ás nosas actividades programadas polo 8M, cunha exposición con fondos seleccionados de mulleres: intérpretes, escritoras, ilustradoras, compositoras, etc.  Dende Convivencia queremos agradecer de novo ao Equipo da Biblioteca a súa colaboración no proxecto Máis Música Mestra. Deixámosvos o enlace do blog da Biblio onde podedes ver toda a información e recomendacións de escoita e lectura. https://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com/2023/03/8-de-marzo-na-biblioteca.html Non vola perdades!

8 M: Máis Música Mestra!

Imaxe
  Achégase unha próxima semana chea de moitas emocións con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. O vindeiro mércores 8M, teremos unha grandísima xornada de música adicada ás nosas mulleres compositoras dentro das actividades programadas no proxecto Máis Música Mestra! do Plan Proxecta +. Ao longo da tarde contaremos coa actuación da Peque Orquestra, o Coro de GP e o Peque Coro in crescendo, así como tamén música de violín, arpa e piano. Esperámosvos!