Que a música non pare!


Hoxe compartimos con moito agarimo, un video que realizamos dende Equipo de Convivencia, como benvida a este curso tan especial que estamos a vivir por culpa da Covid-19, un curso no que música non pode parar!

Queremos enviar unha mensaxe de gratitude polo esforzo de todas e todos por adaptarnos á nova normalidade, cumprindo as medidas de seguridade marcadas, así como tamén unha mensaxe
de esperanza porque xuntos imos superar esta situación onde a música e a cultura non poden faltar. 


A banda sonora elixida para a presentación é o comezo do primeiro movemento da Sinfonía nº 6 en Fa maior op. 68, coñecida como Sinfonía Pastoral de Ludwig van Beethoven. Este ano cúmprese o 250 aniversario do nacemento de Beethoven (1770-1827), polo que tamén queremos render a nosa pequena homenaxe ao gran compositor alemán neste ano Beethoven.


Grazas a todas as alumnas e alumnos que quixeron participar no video, ao Equipo Covid por estar sempre coidando de nós, e ao profesor Suso Iglesias polas fermosas fotos tomadas do conservatorio e arredores.


Como ben di o video… Que nin a máscara nin o virus, apaguen o noso sorriso nin a nosa música. Que a música non pare! 

Comentarios

  1. Un vídeo co que ficamos moi emocionados ao ver aos nosos alumnos e alumnas...Encóllesenos o corazón.

    O Equipo Covid agradece a mensaxe que queredes transmitir: a máscara sempre presente, mais seguimos camiñando con ilusión e compartindo marabillosos momentos musicais

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas Catuxa polo teu apoio incondicional.
    Sempre con moito coidado, con máscara e distancia de seguridade... pero como ben di a presentación... que a música non pare!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A Orquestra do Xan Viaño con Música Mestra!

8M, Día Internacional da Muller e Música, Mestra!

Música Mestra! en Donas de si, Plan Proxecta +