O Peque Coro e a Música pola Paz
O 30 de xaneiro de 2011 chegou a maxia ao Xan Viaño. Celebrábase a primeira edición de Música pola Paz , e nela tiña lugar a presentación pública do Peque Coro . No seu estreo, apenas 20 nenos e nenas, con Catuxa Pita Evia, pianista e directora do Peque Coro, encheron de ilusión o escenario do noso auditorio. Pouco despois, incorporouse como pianista Alexandra Pita, formando xunto con Catuxa, o equipo perfecto para levar adiante o marabilloso proxecto do Peque Coro , cunha ilusión que non parou de medrar en ningún momento ata que a pandemia chegou. Foron pasando os anos, dez para ser exactos, e o Peque Coro nunca faltou aos concertos de Música pola Paz , celebrando o 30 de xaneiro do 2020 o X Música pola Paz e o décimo aniversario do Peque Coro. Cada 30 de xaneiro o Peque Coro tiña un dos seus concertos máis especiais de todo ano. Concertos se cabe máis especiais, ao estrear obras de amigos e compañeiros como Begoña Álvarez, Lucinio Medel e Alma Cendán. Chegou o Día da Pa...